A Deputación sortea nas súas redes sociais entradas para o Breogán e o CD Lugo

luns, 22 de outubro do 2018 Redacción

A Deputación de Lugo vén de anunciar o sorteo nas súas redes sociais corporativas de entradas para os partidos do Club Baloncesto Breogán e mailo Club Deportivo Lugo que se vaian disputar en casa. Así, cada semana e até o remate de ano, sortearanse catro entradas e haberá outros tantos gañadores, dous para o partido do equipo de baloncesto e outros dous para o de fútbol. O requisito para participarmos neste sorteo é que sexamos maiores de 14 anos e fagamos seguimento das contas oficiais da Deputación, https://twitter.com/depulugo e https://www.facebook.com/diputacionlugo/.
O 1º dos sorteos comezará este luns para os partidos do CB Breogán e o Obradoiro CAB, e para o CD Lugo e Cádiz Club de Fútbol.
O prazo de participación arrancará cada luns ás 12:00 horas e rematará cada xoves ás 12:00 horas. Segundo explica a Deputación, só se sortearán entradas para os encontros xogados como local. As persoas que desexen participar no sorteo deberán interactuar na rede social que desexen do seguinte xeito:
CB Breogán. Dende a páxina oficial da Deputación de Lugo no Facebook realizarase unha publicación para concorrer ás entradas. As persoas que desexen participar deberán darlle a Gústame, e comentar nomeando ao CCBreogán https://www.facebook.com/CBBreogan e empregando a etiqueta #LugoCambia.
En Twitter, dende o perfil oficial da Deputación levarase a cabo outra publicación, que deberá ser retuiteada con comentario, nomeando ao https://twitter.com/cbbreogan e empregando o hashtag #LugoCambia
CD Lugo. Novamente, dende a páxina oficial da Deputación de Lugo no Facebook realizarase unha publicación para concorrer ás entradas. As persoas que desexen participar deberán darlle a Gústame, e comentar nomeando ao CD Lugo https://www.facebook.com/cdeportivolugo/ e empregando a etiqueta #LugoCambia.
En Twitter, dende o perfil oficial da Deputación achegarase outra publicación, que deberá ser retuiteada con comentario, nomeando ao CD Lugo https://twitter.com/cdeportivolugo e botando man da etiqueta #LugoCambia

PUBLICIDADE