A DosisPedia consolÃdase como unha ferramenta de grande utilidade para profesionais da saúde
xoves, 11 de xuño do 2015
A semana pasada Smart
GalApps estreaba a súa solución para facilitar que asociacións de negocios
poidan ter páxina web de seu, pero iso non significa que deixen de lado os
seus vellos proxectos, sendo especialmente rechamante a boa acollida da DosisPedia, ferramenta móbil
para axudar aos sanitarios a prescribir medicamentos aos cativos, que o pasado decembro
estreábase en Android, e que un par de meses despois contou tamén con versión para
iPhone, o que facilitou o seu espallamento até conseguir acumular un total
de 35.500 descargas dende 130 paÃses, o que é un grande logro para unha
aplicación tan especÃfica.
De feito, DosisPedia xa aglutina unha media de 2.000 usuarios diarios e unha
media de 300 descargas ao dÃa, recibindo tamén moi boa valoración por parte dos
seus usuarios que lle outorgan un 4,6 sobre 5 de media (con máis de 400
valoracións). Amais, cómpre destacar que a popularidade da aplicación vai en
aumento, de xeito que nos últimos dÃas captaron un 20% máis de usuarios, de
xeito que dende Smart GalApps aseguran que está a medrar en descargas tanto en
número total como en ritmo de adopción, confirmando o acerto desta ferramenta
de grande utilidade que incluso conseguiu trasladar o seu éxito a América Latina (de onde provén un grande volume de descargas).
VÃdeo que permÃtenos ver como é o funcionamento da DosisPedia