A EGAP organiza unha nova xornada de formación práctica dixital centrada no rexistro electrónico na Xunta
mércores, 5 de novembro do 2025
A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) organizará o próximo 25 de novembro unha nova xornada de formación práctica dixital (E-martes) centrada no Rexistro Electrónico na Xunta de Galicia, e no marco da iniciativa Universo EGAP Innova.
A sesión presencial está dirixida ao persoal empregado público e á cidadanía e terá unha duración de 7 horas lectivas en horario de mañá. En total, haberá 50 prazas dispoñibles.
O prazo de matrícula estará aberto ata o 19 de novembro ás 23:59 horas na páxina web da EGAP.
O Universo EGAP Innova é un proxecto multidisciplinar e transversal da Escola Galega de Administración Pública que se desenvolve co “obxectivo principal de contribuír, a través de novas prácticas formativas que implican a participación do alumnado, á autoxestión da aprendizaxe e á identificación de novas oportunidades, á innovación e ao cambio nas administracións públicas”.
Ao abeiro desta iniciativa, os E-martes teñen como finalidade proporcionar formación práctica presencial ao persoal empregado público da Administración galega e á cidadanía nas transformacións tecnolóxicas organizativas e lexislativas derivadas da Administración electrónica.
