A ESRB critica os contidos do SingStar Latino
luns, 7 de setembro do 2009
O establecemento de organismos
dedicados a cualificar os videoxogos segundo a súa idade recomendada deu lugar
a moitas polémicas no pasado, principalmente polos contidos violentos, pero a
ESRB (panel encargado desta labor nos EE.UU. e en Canadá) sorprendeu cos seus
comentarios sobre o SingStar Latino
que chegarán pronto á PlayStation 3 (a versión de PS3 leva un par de anos no
mercado español).
¿Qué é o que a ESRB
critica do xogo de karaoke para a PS3? Pois detalla que algúns vÃdeos
musicais aparecen mulleres con «pantalóns
axustados, tops de bikini, tops tipo suxeitador, camisas e vestidos que amosan
moito escote» e realizando movementos provocativos («tocándose os peitos e a entreperna, xirando e meando as cadeiras»),
ou sexa, algo totalmente normalizado no mundo da música (polo que resulta
bastante curioso que se censure nos
videoxogos) e incluso advirten que nun dos videoclips aparece unha parella
aparentemente espida, bicándose debaixo dunhas sabas.
Pero a cousa non remata aÃ, senón que a emprenden concretamente contra a letra
dun par de cancións, que non son outras que Mi
agüita amarilla de Los Toreros Muertos (citando a frase «mi agüita amarilla… moja las calles… y la
empiezo a mear») e o Cuando tú vas
de Chenoa (dando
a entender que incita a manter sexo sen protección ao dicir «y no me hables de sexo seguro»).
En vista destes criterio parece claro que a sensibilidade do público
norteamericano é moi diferente ao europeo, pois aquà o lanzamento do SingStar Latino provocou ningún tipo de
polémica, e ninguén sentiuse ameazado por cancións moi populares incluso entre
os máis cativos da casa (lembremos que Los Toreros Muertos fixéranse famosos no
programa de televisión La Bola de Cristal).