A Edición Day One da Xbox One poderá adquirirse co xogo Forza 5

xoves, 5 de setembro do 2013 Marcus Fernández

Un dos anuncios estrela de Microsoft durante a Gamescom de Colonia foi que en Europa os usuarios que reservasen a Xbox One terían de balde o xogo FIFA 14, o que axuda a reducir a distancia de prezo entre a nova consola de Microsoft e a de Sony, pero parece que esta promoción está a gañar en diversidade, e en varias tendas en liña británicas como Amazon.co.uk podemos ver xa que aparte da Xbox One Edición Day One con FIFA 14 tamén está dispoñible un lote que inclúe o xogo Forza Motorsport 5, o que fará que os usuarios que non gusten dos títulos de fútbol teñan unha máis que interesante alternativa á hora de reservar a súa nova consola antes de que saia á venda o 22 de novembro a un prezo de 499 euros.
Con este tipo de promocións Microsoft buscaría conseguir un bo inicio no mercado europeo, para o que ten que esforzarse porque neste xeración non xoga coa grande vantaxe que tivo na anterior ao lanzar a Xbox 360 con moitos meses de antelación con respecto da PlayStation 3.

PUBLICIDADE