A Escola de Náutica da UDC acolle unhas xornadas sobre o impacto do dixital no sector marítimo

martes, 4 de maio do 2021 S. P.

Esta semana a UDC, a través do Instituto Universitario de Estudos Marítimos, vai brindar unha interesante oportunidade para coñecer polo miúdo a revolución que está a experimentar os ámbitos naval e portuario da man das novas tecnoloxías. O Instituto da UDC organiza estes días 6 e 7 de maio as xornadas O impacto das tecnoloxías dixitais no sector laboral marítimo e no ámbito da actividade portuaria, que terán lugar na Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas.
A secretaria do Instituto, coordinadora das Xornadas, María José Rodríguez Docampo, abrirá o evento xunto co director da Escola, Felipe Louzán, o xoves, 6 de maio ás 16:30 horas e seguirá co seguinte programa:
Xoves 6 de maio
· 17:00h Conferencia. Luz Baz Abella, coordinadora para España da Federación Internacional dos traballadores do Transporte, Dereitos das Xentes do Mar segundo o Convenio sobre o Traballo Marítimo 2006 (MLC 2006).
· 18:30h Mesa redonda
Modera: Felipe Louzán Lago, director da ETSNM
- Xosé Manuel Carril, profesor titular de Dereito Laboral da Facultade de Dereito da UDC, Unha perspectiva iuslaboralista do impacto dos avances tecnolóxicos aplicabéis ao buque.
- Luis Carral Couce, profesor titular de Universidade, Doutor Enxeñeiro Naval, departamento de Enxeñaría Naval e Industrial da UDC, A innovación tecnolóxica nos sistemas do buque e a súa influencia sobre as labores dos tripulantes.
- Julio Louro Rodríguez, capitán da Mariña Mercante, profesor Contratado Doutor, departamento de Ciencias da Navegación e Enxeñaría Mariña da UDC, Estado actual das condicións de traballo e saúde laboral no transporte marítimo.
· 20:00-20:30h Coloquio
Venres, 7 de maio
· 10:00h. Conferencia
- Presentación a cargo de Fernando González Laxe, director do Instituto Universitario de Estudios Marítimos.
- Martín Fernández Prado, presidente da Autoridade Portuaria da Coruña, Os novos retos do Porto da Coruña, no contexto da súa competitividade e transición dixital.
· 12:00h Mesa redonda
Modera: Mª José Rodríguez Docampo, secretaria do IUEM
- Alsira Salgado Don, capitana da Mariña Mercante, profesora axudante doutora, departamento de Ciencias da Navegación e Enxeñaría Mariña da UDC, Axudas á navegación no porto da Coruña.
- Antonio Abelleira Argibay, director xeral de Operacións do Grupo Nogar. Compromiso coa seguridade, automatización e protección do medio ambiente na actividade portuaria e loxística marítima.
- Walter del Río Corbeira, práctico maior do Porto da Coruña. Novas tecnoloxías aplicadas ao practicaxe.
13:30h-14h Coloquio

PUBLICIDADE