A FIC acollerá unha charla sobre a Enxeñaría en Informática a cargo do presidente do CPEIG

venres, 10 de marzo do 2017 Redacción

Será a vindeira semana, o 15 de marzo (de 12.30 a 13.30 horas), cando Fernando Suárez Lorenzo, presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), dea unha charla titulada: A Enxeñaría en Informática e os colexios profesionais. O encontro terá lugar no Salón de Graos Víctor Gulías da Facultade de Informática da Coruña (FIC), no relatorio darase un repaso aos logros acadados nos 10 anos de existencia do CPEIG, así como ás iniciativas postas en marcha e as vantaxes da colexiármonos.
Pola súa banda, Suárez Lorenzo falará do éxito que supuxo a modificación dun proceso selectivo da Deputación da Coruña para técnico superior de Informática despois de presentar o oportuno recurso, sendo agora a única titulación válida o título de enxeñeira ou enxeñeiro en Informática.
Asemade, abrangueranse outros temas como a alta porcentaxe de inserción laboral das persoas que realizan os estudos das enxeñarías en Informática.
Cómpre dicir que a organización da charla corre a cargo da Facultade de Informática da Coruña, o Mestrado Universitario en Enxeñaría en Informática e o CPEIG.
Os interesad@s en asistir a este evento deben inscribirse no enderezo habilitado, eventos@cpeig.gal.

PUBLICIDADE