A FIC celebra unha xornada de portas abertas para o seu futuro alumnado
martes, 23 de abril do 2019
A
Facultade
de Informática da Universidade da Coruña abrirá este 24 de abril
as súas portas a todas as persoas interesadas en coñecer a oferta
formativa do centro de cara ao próximo curso. A xornada de
información e divulgación inclúe un completo programa de
actividades para atender todas as cuestións que sexan propostas
polas futuras e futuros estudantes, así como as súas familias. Os
actos comezarán ás 18:00 horas coa presentación da oferta
académica da Facultade de Informática.
Media
hora máis tarde, desenvolverase unha mesa redonda na que se
presentará o novo Grao en Ciencia e Enxeñaría de Datos, coa
participación dos profesores Amparo Alonso, Ramón Doallo e con
representantes do sector empresarial, con Jesús Lage, de everis, e
David Martínez, de Data Spartan. O debate estará moderado pola
profesora Bertha Guijarro, investigadora do CITIC (Centro de
Investigación TIC da UDC). Ás 19:30 habilitarse unha actividade
específica para atender de forma personalizada todas as preguntas do
futuro alumnado e das súas familias.