A FP galega amosa esta semana o seu potencial na oitava edición de FP Innova
luns, 20 de abril do 2026
A Formación Profesional galega exhibe esta semana o seu potencial en investigación e innovación aplicada en FP Innova 2026, cun total de 38 centros de toda Galicia representado nos 4.100 metros cadrados do recinto máis de 70 iniciativas, que inclúen proxectos de innovación, emprendemento e distintos obradoiros. A cita, impulsada pola Xunta, incorpora tamén unha exposición de robótica, demostracións de ciberseguridade e espazos nos que participar en experiencias inmersivas e de realidade virtual.
O programa abrangue igualmente o Congreso FP Innova, que terá lugar o dÃa 22 no Edificio Fontán coa asistencia de arredor de 700 persoas entre docentes e representantes do ámbito empresarial. Trátase dun encontro de referencia na innovación didáctica e tecnolóxica destas ensinanzas, organizado pola ConsellerÃa de Educación, Ciencia, Universidades e FP.
Nesta oitava edición, FP Innova celébrase entre o mércores 22 e o venres 24 de abril no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura, cunha previsión de preto de 10.000 estudantes de Primaria, Secundaria, Bacharelato e FP procedentes de 181 centros galegos. Ademais, o evento estará aberto ao público xeral de balde en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 os dÃas 22 e 23, e na mañá do dÃa 24.
No apartado tecnolóxico, os 39 proxectos de innovación presentes na feira exemplifican o uso de ferramentas punteiras para dar resposta aos retos actuais. Moitas destas propostas céntranse na dixitalización, a intelixencia artificial, a ciberseguridade, as tecnoloxÃas inmersivas, a automatización e a robótica co obxectivo de mellorar a sustentabilidade e a eficiencia nos sectores produtivos.
Entre as iniciativas destacadas figura VoaComida, do CIFP Manuel Antonio de Vigo, que combina a elaboración de menús en envases biodegradables cun sistema de reparto mediante drons e intelixencia artificial para personalizar dietas e optimizar rutas. No ámbito da automoción, o IES de Vilalonga desenvolveu ARDIA, un arco de diagnose automatizado que integra visión artificial, sensores e algoritmos de aprendizaxe automático para detectar danos e mellorar os tempos de traballo nos talleres.
Tamén sobresae brAlnbot, do CIFP Politécnico de Lugo, un sistema robotizado orientado á interacción en xogos de estratexia como o xadrez, que combina brazo mecánico, visión artificial e motor de decisión. No eido audiovisual, o CIFP A Xunqueira de Pontevedra presenta SIAX, un equipo autónomo para a gravación e emisión en streaming de procesos gastronómicos sen supervisión técnica directa.
No sector primario, o CIFP Ferrolterra propón AbeiroTec, un refuxio autónomo para o manexo de gando en extensivo que integra sistemas de alimentación e vixilancia remota mediante tecnoloxÃa IoT, contribuÃndo tamén á prevención de incendios forestais.
A área de emprendemento reúne 19 iniciativas vinculadas ao programa Eduemprende e á Rede Galega de Viveiros de Empresas. Entre elas destacan Pas eólicas, unha segunda oportunidade no mar, centrada na reutilización de pas de aeroxeradores como flotadores para bateas, ou Outpick, un armario virtual intelixente para organizar o vestiario. Tamén se presentan proxectos empresariais como Os doces de Sandra, de pastelerÃa artesanal, e AgroSpectral S.L., que utiliza drons para optimizar a xestión de cultivos.
A dimensión inclusiva da FP ten presenza con Florecendo, unha miniempresa do Centro de Educación Especial Santa MarÃa de Lugo dedicada á elaboración de kits de cultivo con materiais reciclados.
Os obradoiros permitirán ao alumnado visitante experimentar con tecnoloxÃas como a creación de videoxogos, a biotecnoloxÃa, a impresión 3D, a robótica, a programación en linguaxe natural ou as artes gráficas.
O evento complétase cunha exposición de robótica con dispositivos humanoides e sistemas orientados á asistencia de persoas, demostracións prácticas de ciberseguridade e espazos de tecnoloxÃas inmersivas que amosan novas formas de interacción dixital. Entre as experiencias destaca un simulador de voo inmersivo de corpo completo.
A orientación profesional contará co apoio de OPI Orienta, un asistente virtual que facilitará información sobre as ensinanzas de FP.
No que respecta ao congreso, analizaranse os avances en intelixencia artificial, automatización, robótica e tecnoloxÃas inmersivas, con especial atención á formación docente en ciberseguridade. O obxectivo é reforzar competencias, actualizar metodoloxÃas e promover unha cultura sólida de seguridade dixital nos centros educativos. Ademais, abordaranse as principais liñas de investigación e innovación aplicada de cara ao vindeiro curso académico.
