A Federación Galega de Comercio contribúe á dixitalización co apoio da Xunta
martes, 25 de xuño do 2024
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou recentemente en Lugo a sede da Federación Galega de Comercio onde estivo acompañado polo seu presidente, José MarÃa Seijas, e por traballadores da Federación cos que intercambiou impresións sobre as súas actividades e proxectos, asà como sobre o convenio asinado entre a Xunta e esta entidade para avanzar na innovación, dixitalización e dinamización do comercio.
Alà Gabriel Alén manifestou a aposta do Goberno galego por asegurar o mantemento dos negocios como vertebradores do territorio, fundamentais para a xeración de riqueza e emprego e para a fixación de poboación na Galicia non urbana. Ademais fixo fincapé na importancia do convenio asinado entre ConsellerÃa de Emprego, Comercio e Emigración e a Federación Galega de Comercio para avanzar nestes obxectivos.
Esta colaboración conta cun orzamento global de 690.000 euros e permitirá avanzar en comercios polo miúdo especializados, de calidade, fortalecidos e modernos, que promovan o consumo responsable cunha actividade sostible, co fin de garantir a súa competitividade e remuda xeracional.
Nesta liña, entre as cuestións abordadas por ambas partes sobre esta colaboración está a Oficina de orientación asesoramento e información ao comercio galego e de formación no asociacionismo, que se consolidará para prestar especial atención ao emprendemento, cualificación e mantemento da actividade.
Outra vÃa de colaboración no marco do convenio é asegurar o mantemento da Plataforma Dixital Centralizada E-tÃcket, dirixida a axilizar e mellorar a relación e o contacto coa clientela mediante a substitución do tÃcket tradicional en papel por un sistema dixital, moderno, fiable e máis sustentable. Tamén se afianzará a Plataforma de Ecommerce Online Comercio Galicia de venda polo miúdo, para avanzar na dixitalización dos negocios impulsando especialmente a venda a través da internet.
Neste encontro tamén se puxeron en valor as distintas campañas de promoción que se desenvolven e que tamén abarca o traballo conxunto do Goberno galego cos comerciantes. Entre elas DÃas Azuis, que se desenvolverá ata o 30 de xuño para incrementar as vendas no comercio polo miúdo.