A Fitbit Charge 5 incorpora unha brillante pantalla a toda cor
mércores, 25 de agosto do 2021
A nova pulseira de actividade de Fitbit, a Charge 5,
non só incorpora funcións avanzadas como o electrocardiograma, senón que tamén
integra un escáner EDA para a xestión do estrés e outras funcións que buscan redefinir o que se entende
por forza, para axudar a manter o nivel de actividade fÃsica, controlar o
estrés, manter a saúde cardiovascular e o benestar xeral.
A Fitbit Charge 5, grazas ao servizo Fitbit Premium (para o que inclúe 6 meses
de balde), calcula o nivel de recuperación diario, para analizar a actividade
fÃsica, a calidade do descanso e a variabilidade da frecuencia cardÃaca para que
asà saibamos se estamos listos para un novo adestramento ou se debemos
priorizar a recuperación; entende como reacciona o corpo ao estrés diario;
analiza o corazón na procura de fibrilación auricular e notifica se o ritmo
cardÃaco sae das marxes establecidas; monitoriza métricas de saúde como a
saturación de osÃxeno en sangue, a variabilidade da frecuencia cardÃaca ou a
frecuencia respiratoria; monitoriza a temperatura da pel (co que pode detectar se
temos febre); integra GPS para poder facer un seguimento dos desprazamentos ao aire
libre aÃnda que non levemos o móbil enriba; e moitas outras funcións, como un
espertador intelixente (busca vibrar nunha fase do soño óptima para un espertar
máis plácido), Fitbit Pay ou recibir notificacións do smartphone; aÃnda que
realmente a novidade máis visible do produto é que conta cunha pantalla a toda
cor que ten o dobre de brillo que a Fitbit Charge 4. A súa baterÃa ten unha autonomÃa
de até 7 dÃas.
Sairá á venda a finais de setembro e pode reservarse xa a un prezo de 179,95
euros.
VÃdeo promocional da Fitbit Charge 5
- A Fitbit Charge 5 é somerxible, ten pantalla a toda cor e permite controlar moitas actividades fÃsicas e o noso estado xeral