A Fundación Orange impulsa a capacitación tecnolóxica en municipios de menos de 5.000 habitantes
luns, 22 de setembro do 2025
A Fundación Orange anuncia a posta en marcha do proxecto Todo por Aprender: Reto Rural Dixital, iniciativa que forma parte do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Gobierno de España, financiado pola Unión Europea e coordinado polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO). Habilitada en colaboración coa Fundación FDI, especializada en proxectos de inclusión social, a iniciativa abrangue máis de 500 cursos de capacitación dixital para maiores de 65 anos, mulleres, mozas e persoas desempregadas en pequenos municipios con poboación igual ou inferior a 5.000 habitantes. O obxectivo é “formar a máis de 7.300 persoas antes de marzo de 2026”.
“A Fundación Orange traballa para axudar a calquera persoa para mellorar as súas competencias dixitais, con independencia da súa idade, condición social ou lugar no que viva. Esta iniciativa Reto Rural Dixital permitirá que ninguén quede atrás no mundo rural debido ao desenvolvemento tecnolóxico da nosa sociedade. A idea é que todos os nosos cursos teñan un impacto positivo real e tanxible no seu día a día, axudándolles, por exemplo, a identificar estafas por Internet, pedir citas médicas, consultar a súa conta bancaria, facilitar a empregabilidade ou ensinar aos maiores a facer unha videochamada cos seus netos e estar máis conectados cos seus familiares. Todo iso, por suposto, sen esquecernos da IA, unha tecnoloxía que chegou para quedarse e da que temos que saber aproveitar todo o seu potencial”, sinalou Daniel Morales, director de Sustentabilidade e Fundacións de MasOrange.
O programa Reto Rural Dixital poñerá en marcha itinerarios formativos adaptados ás necesidades actuais da sociedade e do mercado laboral para responder as necesidades específicas de cada colectivo, co obxectivo de fortalecer as competencias dixitais de toda a poboación, especialmente en contornas rurais.
O itinerario formativo é totalmente gratuíto e está centrado en dous cursos presenciais principais, cun total de oito horas lectivas cada un, repartidas en varias sesións/días e en dous niveis, desde básico a avanzado. O curso básico ensinará a facer un uso sinxelo do smartphone, manter a seguridade no móbil, ser capaz de identificar trolas e noticias falsas, utilizar as redes sociais, coñecer aplicacións útiles para o día a día ou crear algúns contidos audiovisuais. Doutra banda, o curso de nivel avanzado mostrará “como facer un uso responsable da tecnoloxía para a nenez, manter a seguridade mentres se utiliza Internet, aproveitar as vantaxes da identidade dixital ou xestionar a irrupción da IA no noso día a día”, informou a Fundación Orange.
Ademais destes dous itinerarios formativos, a Fundación Orange tamén ofrece a posibilidade de acceder a outros 12 cursos monográficos presenciais, pensados para quen desexe profundar nalgúns dos seguintes temas:
-Uso básico do Smartphone
-Cidadanía e identidade dixital
-Compras e banco online
-Seguridade na túa móbil
-Seguridade na internet e nas RRSS
-Aplicacións dos día a día
-Contidos audiovisuais
-As redes sociais
-Trolas e noticias falsas
-Intelixencia Artificial
-Uso responsable da tecnoloxía
-Menores e a tecnoloxía
E, como, complemento, a oferta formativa inclúe tamén un innovador curso online denominado Activa o teu Plan IA para atopar traballo, que foi deseñado para axudar a mozos e persoas desempregadas a atopar traballo coa axuda da Intelixencia Artificial.
