A Fundación TIC avanza no seu proceso de integración na Deputación de Lugo
luns, 11 de decembro do 2017
O
pasado 22 de novembro dimos conta en
Código Cero
do inicio do proceso para a integración da Fundación TIC (persoal,
actividades) no seo da Deputación de Lugo.
Hoxe, a entidade provincial
deu un novo chanzo neste traballo de integración, trala aprobación
da modificación dos estatutos. A resolución foi adoptada na
xuntanza extraordinaria do Padroado da Fundación
TIC, convocada para este luns e coa participación do presidente
das dúas entidades, DarÃo Campos, quen
presentou a súa proposta de modificación. Finalmente
foi aprobada e sentáronse os alicerces para avanzar no proceso de
disolución.
Trátase
dun novo paso neste proceso, tras a decisión do presidente
o pasado 22 de novembro. Nesta data, Campos Conde propuxo ao padroado
iniciar a disolución e integración da TIC na Deputación. Os
seguintes pasos son: agora, correspóndelle á Xunta de Galicia
aceptar a modificación nos Estatutos e, por último, a Corporación
Provincial tamén terá que aprobar no pleno
a subrogación, por parte da Deputación, tanto do persoal como da
actividade da TIC.
