A Fundación TIC clausura o curso 2016-17 da Escola de Imaxe e Son
xoves, 22 de xuño do 2017
Hoxe
clausurouse oficialmente en Lugo o curso 2016-2017 da Escola de Imaxe
e Son. No acto participaron o presidente da Fundación TIC e da
Deputación Provincial, Darío Campos, a alcaldesa, Lara Méndez, e
máis un nutrido grupo de convidados entre os que se contaban
representantes dos medios de comunicación e das empresas e entidades
ligadas ao audiovisual e
aos contidos dixitais
na nosa terra. Campos e Méndez felicitaron aos
28 novos titulados da EIS e aos alumnos de primeiro de Produción e
Realización encargados de organizar e gravar a gala
de graduación,
para logo mostrala ao mundo nas redes sociais.
Logo
dos parabéns e dos mellores desexos para os 28 novos titulados, o
presidente da entidade explicou que a
formación que se
imparte
na EIS é “froito da aposta que facemos desde o Goberno da
Deputación polo ensino de calidade, a igualdade de oportunidades e a
especialización adaptada ás demandas dun sector moi dinámico”.
O
presidente
puxo como
exemplos deste modelo educativo tanto a organización da propia gala
como os traballos que se presentaron durante o acto: dous videoclips,
unha curtametraxe e un spot,
elaborados polos alumnos de segundo. Ademais, respecto
do vindeiro ano académico, engadiu
que o curso que vén manterase
a matrícula de
balde. A intención, dixo, é que “todas as mozas e mozos da
provincia con
talento e vocación poidan acceder a EIS, con
indepenencia
da súa situación económica”.
Os
alumnos de primeiro de Produción organizaron a gala
de graduación
como práctica dentro do módulo de Planificación de Proxectos de
Espectáculos e Eventos. Inspirada no cine clásico, a velada contou
con numerosas sorpresas e un photocall
na
entrada da Escola.
Tal
e como dixemos,
proxectáronse audiovisuais
feitos polos novos titulados: os
video-clips Méteo
no cu
de Mi Perro Vicent e Tú
sin mí
de Lucía Pérez,
a curtametraxe Hermetismos
e o spot
dunha
marca de leite. Amais
destes e outros traballos, o alumnado realizou
tres programas de televisión que poden verse nas redes sociais e a
Semana de Teatro con 11 espectáculos representados, producidos e
realizados por eles.
No
acto tamén se fixo saber que a
matrícula para o curso 2017- 2018 será de
balde
por décimo ano consecutivo. O
prazo de preinscrición para as 40 prazas de primeiro dos ciclos
Superiores de Realización e Produción remata este venres, 23 de
xuño. A matrícula ordinaria poderá formalizarse do 4 ao 20 de
xullo.
