A Galega renova a súa páxina web
luns, 16 de maio do 2011
A CompañÃa da Radio e
Televisión de Galicia aproveita a data do DÃa das Letras Galegas para renovar a
súa páxina web no que poderiamos definir como un cambio tranquilo, posto que a nova
feitura chega só nunha versión de proba que o público pode visitar a través
dunha ligazón na portada da web anterior, fuxindo dun cambio traumático e
facilitando asà que o novo espazo vaia collendo forma segundo a resposta do
público.
O cambio máis notable do novo espazo é a nivel estrutural, pois o novo deseño
reparte os contidos en grandes áreas que non só diferenciarÃan a televisión e a
radio, senón que tamén dan unha importancia especial ao deportes (permitindo o
seguimento en directo de varios encontros simultáneos vÃa web e unha
interacción social en tempo real durante os mesmos), aos contidos culturais, a
unha nova sección infantil e á inevitable información meteorolóxica.
Tamén pode destacarse o feito de que plataformas como Facebook ou Twitter están
fortemente integradas no novo espazo, facilitando a comunicación coa audiencia
e contribuÃndo a dar unha imaxe unificada da CRTVG na Internet.
Pese aos cambios de molde, a páxina web da CompañÃa continúa a ofrecer contidos
audiovisuais en directo e en diferido, incrementa o peso do vÃdeo nas súas
páxinas e incorporando distintas novidades que a pasada fin de semana Esther
Medina, xefa do Servizo de Innovación e Novas Canles da CRTVG, comentou no
programa Banda Ancha da Radio Galega:
- Medina adiantou que no futuro a CRTVG contará con aplicacións que faciliten o acceso aos seus contidos dende dispositivos con iOS e Android
Atendendo a unha das suxestión que máis chegaban ao departamento que dirixe
Medina, o novo espazo deixa de transmitir os seus contidos a través de
tecnoloxÃa de streaming de Microsoft
para empregar unha solución multiplataforma, de xeito os contidos estarán
dispoñibles en PC, Mac, móbiles, tablets…
para o que tiveron que «facer un
traballo de recodificación de contidos importante». Deste xeito, tanto as
transmisións en directo coma os contidos á carta están dispoñibles para
multitude de dispositivos, facilitando o consumo audiovisual por parte do
público.
A nova páxina web buscou,
entre outras cousas, que «cada marca teña
unha imaxe unificada, que o usuario saiba que está nun contido da radio, un
contido da televisión ou un contido da CompañÃa» evitando que as marcas se
diluÃsen coma no anterior deseño.
Medina comentou que coa nova web o que queren é «crear unha canle máis desta casa. A Internet a vemos con esa
posibilidade e o que facemos é reutilizar certos contidos para convertelos nun
produto web. Haberá cousas da casa (..) pero haberá tamén produtos propios da
web. Por exemplo, a sección infantil, que é unha das grandes apostas que
facemos vai nesa liña» buscando ser un referente de contidos de calidade
para nenos en Galicia.
O novo espazo aposta polo contido creado en Galicia e
pola reutilización dos contidos anteriores. Tamén creáronse novas canles
temáticas de temas como a cociña, festas galegas… nas que facilitan a
localización de contidos nos seus programas.
Entre o que queren destacar da nova web está o feito de que «todo o contido pode compartirse; todo o contido pode valorarse. O
usuario está presente en toda a web. Queremos que traslade ese tipo de contido
ás redes sociais», o que consideran que é un compromiso ao que teñen que
atender dende a CRTVG como servizo público.
No que á radio se refire podemos subliñar novidades como a creación de «podcasts de determinados programas» e dun
espazo chamado Os protagonistas no que se pon cara
aos presentadores de radio.
Sobre a posibilidade de que nun futuro poidamos gozar de aplicacións que
faciliten o acceso aos contidos da CRTVG dende móbiles e tablets, a xefa do
Servizo de Innovación e Novas Canles asegurou que están «rematando do prego técnico» para
que en breve poidamos gozar de aplicacións da CRTG para dispositivos
móbiles, o que consideran que é o paso natural tras a remodelación da páxina
web da CompañÃa.
- Esther Medina destacou no programa Banda Ancha da Radio Galega que a nova web da CRTVG ten en conta dispositivos como o iPad, o iPhone ou os móbiles con Android de cara ao acceso aos seus arquivos audiovisuais
- Polo momento o novo espazo web da CRTVG está dispoñible en probas, no que pretenden que sexa un cambio tranquilo
- A nova web facilita o acceso aos vÃdeos dende múltiples dispositivos, conservando a oferta de contidos anterior e engadindo novas seccións
- A nova páxina web fará unha importante aposta polos contidos infantÃs, ofrecendo numerosas series en galego baixo demanda
- O espazo non esquecerá os contidos culturais