A Go Retro! Portable será unha especie de Game Boy con xogos de recreativa precargados
luns, 15 de xaneiro do 2018
Tras o éxito da NES mini e a Super Nintendo mini todo apunta
a que o vindeiro produto retro de Nintendo será unha Game Boy que namore aos
nostálxicos, e aproveitando o posible rexurdir do produto dende Retro-bit amosaron no CES de Las Vegas nos últimos
dÃas unha nova consola portátil que pode ter moi boa acollida: a Go Retro!
Portable.
Estamos ante unha máquina cunha aparencia claramente inspirada na Game Boy de
Nintendo, que en vez de funcionar con cartuchos de consola opta
por incluÃr máis de 350 xogos precargados de máquinas recreativas de
compañÃas como Capcom, Jaleco, Data East, Irem... ou sexa, que permitirÃa
lembrar dende o Joe & Mac Caveman
Ninja até o Street Fighter nunha
pequena pantalla LCD retroiluminada. O dispositivo terÃa unha baterÃa
recargable cunha autonomÃa de até 7-10 horas e o seu prezo serÃa duns 34,99 dólares,
o que poderÃa ser o bastante axustado para converterse nun produto de compra
impulsiva ou nun magnÃfico agasallo de cara ao Nadal. Está previsto que chegue
ao mercado estadounidense en setembro, descoñecéndose polo momento se terá
distribución europea.
- A Go Retro! Portable chegarÃa en dúas cores distintas combinando un formato familiar para o público cun catálogo de xogos moi atractivo