A Guarda achega cursos de balde informática e smartphones para pequenos e grandes
venres, 5 de xullo do 2024
A Aula CeMIT do Concello Guarda ofrece este verán cursos para adultos e nenos para iniciarse en ferramentas tecnolóxicas, poñendo o foco na súa utilidade para o dÃa a dÃa de persoas para todas as idades e na súa vertente máis creativa.
Para as persoas adultas, haberá ata tres cursos dispoñÃbeis: iniciación a informática e Internet, edición de textos e escritura e tamén un curso de móbiles smartphone ou tableta (aplicacións como WhatsApp…).
Para as nenas e nenos, ofrécese un curso en informática para aprender a ter un manexo do computador que lles axude a mellorar a súa actividade escolar e o seu futuro currÃculo: mecanografÃa, edición de textos, presentacións…
Os cursos son gratuÃtos e comezarán o próximo luns e estenderanse ata o 13 de setembro. Para pedir máis información sobre horarios e/ou inscribirse pode ser a través do 986611850 ou no Centro Cultural. Todos as cursos impartiranse na Aula CeMIT do Centro Cultural.