A Guarda gozará en Semana Santa dun Campamento Dixital para a rapazada entre os 9 e os 13 anos

martes, 18 de marzo do 2025 S. P.

Dende A Guarda anuncian o Campamento Dixital para a rapazada entre os 9 e os 13 anos para a tempada de Semana Santa, trátase dun programa de actividades extraescolares de balde en competencias dixitais. A aprendizaxe está exposta coma un xogo a través dunha aventura interactiva na que deberán completar as etapas e cumprir misións para conseguir logros e metas.
Informar que as inscricións xa están abertas a través da OMIX da Garda, tanto de xeito presencial (2º andar) como no correo electrónico informacion@aguarda.es. A actividade desenvolverase os días 14, 15 e 16 de abril desde as 9h até as 14h na Aula Cemit do Centro Cultural.
Trátase dunha iniciativa impulsada pola Fundación Cibervoluntarios, dentro do Programa de Competencias Dixitais para a Infancia (CODI), posto en marcha polo Ministerio de Xuventude e Infancia, financiado polos Fondos Next Generation da Unión Europea.