A Hobbycon celebrarase na Coruña até o vindeiro domingo
xoves, 28 de xullo do 2022
Esta mañá abriu as súas portas Hobbycon, un encontro de
lecer alternativo que se celebra no recinto de PALEXCO, e que xunta a
afeccionados aos xogos de mesa, á animación xaponesa, ao cosplay, á música pop
coreana e aos videoxogos, e durará até o vindeiro domingo.
Nesta cita coruñesa sempre tiveron un grande peso os videoxogos, tanto nas súas
zonas de xogo libre como na celebración de diversos torneos, destacando nesta
ocasión o peso que gañaron os xogos musicais, así como a fonte de inspiración
que os videoxogos supoñen para os artistas que participan no evento e nos
visitantes que optan por acudir caracterizados dos seus personaxes favoritos.
Aínda que os xogos musicais terán o seu espazo durante os 4 días que dura o
evento, cómpre salientar que durante a tarde do venres celebrarase un torneo do
xogo rítmico de realidade virtual Beat
Saber, no que competirán os xogadores superando niveis baseados en música
K-pop.
Entre as actividades da Hobbycon tamén podemos salientar un obradoiro que o
venres ás 19:00 horas impartirá a psicóloga María Núñez Torreiro sobre como xestionar
e conciliar as nosas relacións a través das redes e sobre a xestión emocional nos
momentos de soidade e illamento.
- Os xogos de baile cobran grande protagonismo na nova edición da Hobbycon