A Hora do Código chega a varios centros de ensino galegos da man do CPEIG
luns, 5 de decembro do 2016
A entidade internacional
Code.org,
organismo público sen fins de lucro adicado
a ampliar a participación en Informática, creaba
en 2013 a Hora do Código,
un evento internacional que consiste na introdución dunha hora de
duración ás ciencias da computación, deseñada para amosar
que todo o mundo pode aprender a programar e comprender os
fundamentos desta disciplina. Cómpre dicir
que esta iniciativa está apoiada polas
grandes compañÃas tecnolóxicas, como Google, Amazon, Apple,
Facebook e Microsoft, e por persoeiros como Bill Gates ou Mark
Zuckerberg. Emporiso, esta semana o Colexio
Profesional de EnxeñerÃa en Informática de Galicia (CPEIG) levará
a Hora
do Código a varios centros
escolares e á Universidade, serán
voluntarios os encargados de difundir a
programación informática entre rapaces e rapazas de
3 a 17 anos.
As ditas actividades de programación
informática levadas a cabo polo CPEIG contarán co apoio da Escola
Superior de EnxeñarÃa Informática (ESEI) da Universidade de Vigo,
o Campus de Ourense e a Facultade de Informática (FIC) da
Universidade da Coruña.
O proxecto Hora do Código (Hour of
Code), da entidade estadounidense Code.org, ten coma obxectivo o
de ensinarlles programación e as bases da Informática ás nenas e
nenos partindo de titoriais básicos dunha hora de duración.
Segundo o CPEIG, agárdanse a uns 400 rapaces
nestas charlas dos centros de ensino, arredor de 140 participarán
nas actividades da ESEI e unha cifra semellante na Facultade de
Informática da Universidade da Coruña.
A Escola Superior de EnxeñarÃa Informática
(ESEI) de Ourense organizará unha xornada o sábado dÃa 17 en
horario de mañá. A escola universitaria ofrecerá unha hora de
código para os máis pequenos, robótica para o alumnado de ESO e
Bacharelato,impresión 3D para todas as idades e obradoiros de drons
para alumnado de Bacharelato.
En canto á Facultade de Informática da
Universidade da Coruña, contará con obradoiros de programación
para o mesmo dÃa 17, de 12 a 13 horas.
Os centros de ensino que participarán na Hora
do Código son: o CEIP Curros EnrÃquez de Celanova
(9/12/2016- 13:30h; 13/12/2016- 12:30h); o CPR Sagrado Corazón de
Celanova (9/12/2016- 10h); o CEIP Virxe da Pena da Sela do Irixo
(15/12/2016- 9.30h); o IES San Mamede de Maceda-Ourense (9/12/2016-
12:50h); o CEIP de Vistahermosa en Ourense (7/12/2016- 9h) e o CEP de
VentÃn, Milladoiro-Ames (7/12/2016- 9:30h).
A información sobre estas
xornadas irase actualizando paseniño na web
do encontro.
