A I+D+i galega terá un espazo nun congreso internacional en Suecia sobre innovación
luns, 8 de setembro do 2025
Diversos axentes da I+D+i galega participarán na 35ª edición do Annual EAIE Conference and Exhibition da Asociación Europea para a Educación Internacional, que terá lugar do 9 ao 12 de setembro en Gotemburgo (Suecia). A ConsellerÃa de Educación, Ciencia, Universidades e FP encabeza a delegación galega presente na feira a través da Axencia Galega de Innovación.
Galicia contará cun expositor institucional no que estarán representadas a Xunta de Galicia, as tres universidades públicas galegas e os centros tecnolóxicos que integran a Alianza Tecnolóxica Intersectorial de Galicia (ATIGA). Será unha das poucas comunidades autónomas con delegación propia, reforzando asà o posicionamento galego nos ámbitos da educación, a ciencia e a innovación.
O congreso da EAIE reúne cada ano entidades de máis dun cento de paÃses e na última edición superou os 7.000 asistentes. Nesta ocasión, máis de 250 institucións –entre elas universidades, axencias estatais, departamentos de educación e outros axentes do sistema global de I+D+i– terán a oportunidade de debater sobre o futuro da educación, explorar novas vÃas de colaboración e impulsar alianzas no eido cientÃfico.
O talento investigador galego
A presenza galega nesta cita internacional enmárcase na campaña de proxección exterior do Goberno galego, que busca dar a coñecer as capacidades do sistema universitario e do ecosistema de I+D+i de Galicia, ademais de favorecer a atracción de talento á nosa comunidade, segundo recolle o Plan galego de investigación e innovación 2025-2027.
Ao longo deste ano, representantes galegos xa estiveron presentes en encontros internacionais como a feira Science for Industry en Madrid, o evento anual da Sociedade de Investigadores Españoles en Francia (SIEF) en ParÃs, as Feiras de Emprego de Bos Aires e Montevideo, o Foro Transfiere en Málaga, a XII Conferencia Anual da Marie Curie Alumni Association (MCAA) en Cracovia, o III Encontro ACEBRA da Asociación de CientÃficos Españois en Brasil, o XII SRUK/CERU International Symposium en Londres e o 5th Open Forum de Connects-UK.
