A IA e a dixitalización son retos que levan a unha formación continua
luns, 5 de febreiro do 2024
A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, salientou hoxe na apertura oficial da Semana da Orientación Profesional do Colexio Pablo VI da Rúa, en Ourense, a importancia de formarse ao longo de toda a traxectoria profesional para afrontar os novos retos laborais marcados polos procesos de dixitalización, o emprego da intelixencia artificial, a Internet das Cousas e, en definitiva, a tecnificación dos postos de traballo. En palabras de Mancha, estes aspectos fixeron que o emprego se atope nunha evolución rápida e constante e, polo tanto, fai necesario unha formación ao longo de toda a vida.
Mancha, antes estudantes da ESO e Bacharelato, tamén explicou que este cambio pola entrada da dixitalización e a intelixencia artificial esixe ás empresas estar ao dÃa para ser máis competitivas e, por iso, os traballadores deben seguir formándose de xeito continuado para dar resposta á transformación do mercado laboral que está a esixir novos perfÃs profesionais.
Neste senso, a directora xeral apuntou que a ConsellerÃa de Promoción do Emprego e Igualdade, entre as súas funcións, está a apoiar ás empresas galegas a atopar persoas para cubrir as vacantes laborais a través de diferentes programas de formación para o emprego e apoiada pola intelixencia artificial, a través de Emi (Emprego intelixente), unha ferramenta que a Administración autonómica está a implantar na rede de oficinas de emprego de Galicia para casar oferta con demanda.