A IA e as TIC, chaves da sanidade do futuro
mércores, 27 de novembro do 2024
O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, participou esta mañá na xornada Futuro en cambio: Innovación, persoas, futuro, encontro no que puxo en valor o papel das TIC e da intelixencia artificial para afrontar os retos sanitarios asociados ao envellecemento, á cronicidade e a maior esperanza de vida.
Acompañado do xerente do Servizo Galego de Saúde, José Ramón Parada, o conselleiro apuntou que a sanidade pública xa está a traballar na incorporación destas ferramentas para ofrecer unha atención sanitaria máis precisa e personalizada.
Na actualidade, a sanidade pública galega está a empregar a IA como apoio para a lectura de certas probas radiolóxicas e, ademais, está a probala nun proxecto piloto do cribado do cancro de mama, co obxectivo de mellorar a súa capacidade de diagnóstico. Ademais, está previsto que, no ano 2025, se empregue esta tecnoloxÃa na análise das imaxes vinculadas á AnatomÃa Patolóxica.
Nesta liña, e co obxectivo de facilitar o acceso, a organización e o correcto funcionamento do sistema sanitario público galego, o Servizo Galego de Saúde achega aos seus profesionais e usuarios ferramentas dixitais que posibilitan unha atención de maior calidade e unha mellor coordinación entre os distintos servizos.
Neste sentido, destacan a evolución da historia clÃnica electrónica (IANUS5) que permite integrar e compartir datos clÃnicos entre os diferentes servizos, ou aplicacións como Sergas Móbil ou E-Saúde, que posibilitan realizar múltiples xestións e consultar os resultados das probas realizadas desde os dispositivos dos pacientes.