A IA é un dos motivos da folga de actores nos EE.UU.
xoves, 13 de xullo do 2023
- Fran Drescher é a presidenta da SAG-AFTRA
O sector
audiovisual estadounidense está a pasar por un momento crÃtico, xa que en plena
folga de guionistas o sindicato SAG-AFTRA que representa a 160.000 actores,
locutores, xornalistas de radio e televisión, bailarÃns, picadiscos, redactores
de novas, presentadores de programas, monicrequeiros, cantantes, dobres de acción,
actores de dobraxe e outros profesionais dos medios de comunicación decidiron
ir tamén á folga por non ser quen de renovar o convenio colectivo tras
máis de catro semanas de negociacións coa AMPTP (entidade que representa a
compañÃas como Apple, Disney, NBCUniversal, Netflix, Paramount, Sony e Warner).
A folga foi apoiada polo 97,91% dos profesionais que participaron na votación
(uns 65 mil) e supón
a paralización da meirande parte das actividades que se realizan diante e
detrás da cámara no sector audiovisual, asà como tamén a participación en
actividades promocionais (algo especialmente relevante xa que entre os dÃas 21
e 23 de xullo celébrase a Comic-Con de San Diego, cita na que se realizan
numerosos anuncios conseguindo grande repercusión).
As negociacións buscaban a seguridade económica dos traballadores (que cos
últimos cambios no sector teñen serias dificultades para conseguir unha mÃnima
seguridade laboral, asà como seguros de saúde e plans de pensións), cobrar
compensacións económicas pola explotación dos seus traballos, loitar contra a
precarización dos castings e, moi especialmente, limitar os
usos da intelixencia artificial para a creación de novas interpretacións,
de xeito que se establezan un marco para evitar abusos e para que nos casos nos
que se empregue a tecnoloxÃa para producir contidos virtuais exista tanto un consentimento
como unha compensación xusta.
Dende SAG-AFTRA aseguran que as compañÃas pretendÃan que os figurantes puidesen
sen escaneados e que, pagándolles só un dÃa de traballo puidesen logo
empregar a súa imaxe replicada dixitalmente de xeito ilimitado sen autorización
nin compensación.
A presidenta do sindicato, Fran Drescher, coñecida en Galicia polo seu papel na
serie A Nanny,
fixo un chamamento a que os traballadores se manteñan firmes para evitar «ser
substituÃdos por máquinas».