A IA provoca unha caÃda no número de visitas humanas á Wikipedia
venres, 17 de outubro do 2025
A Fundación Wikimedia advertiu dun descenso do 8 % nas visitas humanas á Wikipedia durante os últimos meses en comparación co mesmo perÃodo de 2024. A organización atribúe esta caÃda ao impacto da intelixencia artificial xerativa e ao cambio de hábitos informativos, con buscadores e redes sociais que ofrecen respostas directas aos usuarios sen redirixilos ás fontes orixinais.
O informe, asinado por Marshall Miller, explica que a revisión recente dos sistemas de detección de bots revelou un volume inusualmente alto de tráfico automatizado, especialmente procedente do Brasil. Estes bots estaban deseñados para parecer visitas humanas e inflaron temporalmente as estatÃsticas de visualización entre maio e xuño de 2025. Unha vez corrixidos os datos, confirmouse a tendencia á baixa no número real de lectores humanos.
A Fundación lembra que, malia esta diminución, Wikipedia continúa a ser unha das principais fontes de coñecemento en liña e un recurso esencial para buscadores, modelos de linguaxe e plataformas sociais que se alimentan do seu contido. Con todo, advirte de que a dependencia crecente destas tecnoloxÃas pode afectar á sustentabilidade do proxecto, xa que menos visitas supoñen tamén menos doazóns e menos voluntarios dispostos a mellorar os artigos.
A organización está a reforzar as medidas para garantir un uso responsable do seu contido, mediante novas polÃticas de acceso e colaboracións a través de Wikimedia Enterprise. Ademais, puxo en marcha equipos especÃficos para mellorar a experiencia dos lectores e atraer novos públicos, especialmente entre as xeracións máis novas que consumen información en plataformas como YouTube, TikTok ou Instagram.
A Fundación Wikimedia insiste en que as empresas que empregan datos de Wikipedia deben recoñecer a súa orixe e fomentar que os usuarios visiten directamente o sitio e confÃa en que, con novos formatos e coa colaboración da comunidade, o proxecto siga garantindo o acceso universal a información libre e verificable para as vindeiras xeracións.
