A IA será un dos motores da nova interface de Netflix
mércores, 7 de maio do 2025
Netflix está a lanzar unha nova e mellorada experiencia para televisores a nivel mundial nas vindeiras semanas, cun deseño máis sinxelo e intuitivo, recomendacións máis adaptables en tempo real e un sistema de busca optimizado. A compañÃa tamén está a probar novas funcións móbiles, incluÃda unha busca que utiliza intelixencia artificial xenerativa e un feed vertical de clips. Estes cambios buscan facer máis doado para os subscritores atopar contido que lles guste no medio da crecente oferta de contidos de lecer.
Segundo Eunice Kim, directora de Produto, e Elizabeth Stone, directora de TecnoloxÃa, a nova experiencia mantén a esencia da versión anterior, pero mellorada. O obxectivo principal é crear unha experiencia máis flexible para a ampla oferta de contido, máis intuitiva e adaptada ás necesidades dos usuarios, capaz de xerar momentos memorables. A directora de Produto, Eunice Kim, sinalou que esta non é a primeira modificación na páxina de inicio, pero que a combinación de nova tecnoloxÃa e a expansión da oferta de entretemento xustifican un salto de xigante.
Unha das principais novidades da interface de televisión é que agora é máis fácil atopar a mellor serie ou pelÃcula, xa que toda a información necesaria para tomar unha decisión móstrase de forma destacada, no centro da pantalla. Isto permite aos subscritores prestar máis atención ao que fai relevante un tÃtulo para eles, con etiquetas como Gañador do Premio Emmy ou 1º en series. Ademais, os accesos ás opcións principais do menú que actualmente están algo agochadas á esquerda pasarán a situarse na parte superior, gañando visibilidade.
As recomendacións na páxina de inicio tamén serán mellores e máis receptivas aos intereses do usuario no momento. Elizabeth Stone, directora de TecnoloxÃa, explicou que, ademais do uso tradicional de aprendizaxe automática para suxerir tÃtulos baseándose no historial de visualización, as novas recomendacións terán en conta máis sinais, como os tráilers que se ven ou as buscas que se realizan, para adaptar a páxina de inicio e suxerir contido máis axeitado no momento. Esta adaptación ocorrerá de xeito fluÃdo e discreto para o usuario.
No ámbito dos dispositivos móbiles, Netflix está a explorar novas formas de descubrimento. Estase a probar, en fase beta en iOS, unha función opcional que incorpora a intelixencia artificial xenerativa ao proceso de busca, permitindo aos subscritores atopar series e pelÃculas usando linguaxe natural e conversacional, como por exemplo: «Quero ver algo divertido e con bo rollo». Nas vindeiras semanas, tamén se probará un feed vertical que mostrará clips de series e pelÃculas de Netflix, facilitando e facendo máis divertida a descuberta de tÃtulos. Os usuarios poderán tocar a pantalla para ver o contido completo de inmediato, engadilo á súa lista ou compartilo con amigos.
Netflix considera que a súa superpotencia é a capacidade de combinar a mellor tecnoloxÃa co mellor entretemento. TecnoloxÃas como a IA son clave, non só para as recomendacións e a busca xenerativa, senón tamén para personalizar a información sobre cada tÃtulo e mellorar a entrega de contido.
Comentan que fan uso de Open Connect, unha rede propia que almacena arquivos de vÃdeo preto dos fogares dos usuarios para reducir o tráfico de Internet e o tempo de espera ao premer play. Esta rede, iniciada en 2012, incorporou capacidades de IA para optimizar o fluxo de datos, a calidade de transmisión e a compresión de vÃdeo, e serve como base para entregar unha variedade máis ampla de contido, incluÃdos eventos en directo e xogos.
Elizabeth Stone concluÃu que o máis emocionante é como esta nova experiencia permitirá a Netflix evolucionar e innovar máis facilmente no futuro, conectando ao público con aÃnda máis series, pelÃculas e xogos que lles encantarán.
VÃdeo coa presentación das novidades da interface de Netflix