A IA xenerativa comeza a influÃr nas buscas en liña
martes, 15 de abril do 2025
A axencia de márketing dixital Internet República, especializada en márketing para motores de busca, publica o seu informe Situación actual dos buscadores en 2025, un estudo detallado sobre a evolución do mercado global dos buscadores co obxectivo de analizar como a intelixencia artificial xenerativa e os novos hábitos dixitais están a mudar a forma de buscar información na Internet.
Google mantén a hexemonÃa
A principal conclusión do informe é clara: Google continúa a ser o buscador dominante, cunha cota de mercado global do 89,71% e do 94,4% no Estado español, a pesar do crecemento de alternativas como ChatGPT, Gemini ou Perplexity. Con todo, este liderado comeza a mostrar sinais de esgotamento: por primeira vez desde 2015, a cota global de Google cae por baixo do 90%.
Bing (4,01%), Yandex (2,51%) e Yahoo (1,33%) rexistran un crecemento relevante grazas á integración de sistemas de intelixencia artificial e á evolución nos hábitos de uso. Con todo, Google segue a dominar claramente, especialmente como fonte de tráfico en ámbitos orgánicos, publicitarios, de IA e vÃdeo.
Segundo o informe, o 44,7% dos usuarios empregan Google para acceder directamente a sitios web, un 30,8% para obter información e un 21,3% con intención de compra ou contratación, o que evidencia o seu papel clave en todas as fases do percorrido dixital do consumidor.
A IA nos resultados de busca de Google
Un dos fitos máis destacados do estudo é a chegada a Europa da Vista creada con IA, unha nova funcionalidade de Google que incorpora IA xenerativa para ofrecer resumos directamente nos resultados da busca.
Porén, o seu impacto aÃnda é limitado: o 99,2% das palabras clave que activan esta función corresponden a buscas informativas, e o tráfico xerado por estas consultas é, de media, 193 veces inferior ao das buscas tradicionais, debido á súa baixa popularidade e volume.
ChatGPT e Bing medran, pero aÃnda lonxe de Google
A integración de ChatGPT en Bing (coa denominación de Copilot) reforzou a posición do buscador de Microsoft, que acadou os 615 millóns de buscas diarias en 2024. Con todo, está aÃnda moi por detrás de Google, que procesou unha media de 14.000 millóns de buscas diarias, un 21,64% máis ca en 2023.
Pola súa banda, ChatGPT rexistra 37,5 millóns de interaccións diarias, aÃnda que só o 30% están relacionadas con buscas; o 70% restante corresponde a funcións propias dun asistente virtual, como a xeración de textos, traducións ou creación de imaxes. Ademais, o 90% do tráfico de ChatGPT céntrase en contidos informativos e académicos, mentres que só un 10% está vinculado ao comercio electrónico, onde Amazon continúa a concentrar a maior parte deste tráfico.
O vÃdeo, territorio estratéxico na batalla pola busca
O contido audiovisual segue a gañar terreo en 2025. Plataformas como YouTube, TikTok e Instagram consolidáronse como portas de entrada á información, especialmente entre o público mozo. Máis do 50% das buscas nestas redes teñen un fin informativo, segundo o informe de Internet República, reflectindo un cambio nos hábitos de consumo de coñecemento.
YouTube continúa a liderar como principal buscador de vÃdeos, seguido por TikTok, que destaca pola súa elevada taxa de interacción entre usuarios novos e pola súa utilidade para atopar titoriais, recomendacións e tendencias. Instagram combina a busca informativa cunha navegación centrada na imaxe.