A Industriosa acolle esta tempada un ciclo de obradoiros pre-OSHWDem
luns, 12 de febreiro do 2024
O equipo de robots segueliñas de A Industriosa (centro de cultura maker de Vigo) está a organizar un ciclo de obradoiros nos que se traballará no desenvolvemento dun firmware para competición na categorÃa de velocistas da feira de tecnoloxÃa OSHWDem (A Coruña) totalmente escrito na linguaxe Rust. O próximo sábado 17 de febreiro terá lugar en A Industriousa una sesión inicial na que se dará unha breve introdución á normativa da competición, ó deseño dun robot segueliñas e tamén ó hardware que se empregará nos obradoiros.
Tanto o deseño da placa que se empregará como un proxecto básico do firmware pódense atopar no Github de A Industriosa. A participación e gratuita mediante rexistro no Meetup da Industriosa. Esta actividade está patrocinada pola Xunta de Galicia e pola Axencia Para a Modernización Tecnolóxica (AMTEGA).