A Industriosa celebra este sábado un novo obradoiro de robots velocistas para competir na OSHWDem
martes, 9 de abril do 2024
O centro vigués de tecnoloxías abertas e participativas A Industriosa acolle este sábado 13 de abril unha actividade do seu equipo de robots segueliñas: a terceira sesión dos obradoiros destinados ao desenvolvemento dun firmware que competirá na categoría de velocistas da feira coruñesa OSHWDem, elaborado no linguaxe Rust.
Así, este sábado 13 de abril levarase a cabo na sede da asociación a terceira sesión, na que se fará un repaso dos temas tratados nas sesións anteriores e elixirase un novo tema para seguir a traballar na posta en práctica do firmware. O formato da sesión será de tipo programación en equipo ou mob programming, no que todos os participantes contribuirán en debates e colaborarán na toma de decisións da implementación.
Os asistentes deberán traer un ordenador portátil con sistema operativo Linux no que poder instalar as ferramentas para programar en Rust. As placas, programadores e demais hardware necesario para os talleres serán proporcionados por A Industriosa.
Tanto o deseño da placa que se empregará como un proxecto básico do firmware pódense atopar no Github de A Industriosa.
A sesión celebrase entre as 11:00 e as 13:00 no local da asociación na rúa Gregorio Espino, 38, entreplanta 3, 36205 Vigo, Pontevedra
A participación é gratuíta mediante rexistro no Meetup da Industriosa.
Esta actividade está patrocinada pola Xunta de Galicia e pola Axencia Para a Modernización Tecnolóxica (AMTEGA).