A Industriosa móstranos o 23 de abril como crear unha biblioteca de compoñentes UI
luns, 13 de abril do 2026
O vindeiro xoves 23 de abril, ás 19.30 horas, o local de A Industriosa en Vigo vai a acoller unha nova xornada de experimentación e creación tecnolóxica, baixo o epÃgrafe Pensaches algunha vez en crear unha biblioteca de compoñentes UI?
A persoa encargada de impartir dos contidos será Sergio Carracedo, que abordará cuestións como a funcionalidade e a natureza dos compoñentes UI, o porqué de crear unha biblioteca de compoñentes (e o porqué de non creala), como abordar o mantemento dunha biblioteca de compoñentes, que tipos de compoñentes hai (cales deben estar na nosa biblioteca e cales non), como crear unha biblioteca e como publicala e, tamén, métodos para tirar proveito destes recursos e proporcionar unha boa experiencia de desenvolvemento axudando á intelixencia artificial a empregar os nosos compoñentes.
Para participar debemos realizar a nosa inscrición gratuÃta en Meetup.
Esta actividade está patrocinada pola Xunta de Galicia e pola Axencia Para a Modernización Tecnolóxica (AMTEGA).
Unha biblioteca de compoñentes UI (User Interface) é unha colección reutilizable de elementos de deseño prediseñados (como por exemplo botóns, formularios, menús e tarxetas) que permiten a deseñadores e desenvolvedores construÃr aplicacións web ou móbiles de forma rápida, coherente e eficiente. Actúa como un sistema de deseño estandarizado que asegura a consistencia visual e funcional en todo o produto dixital.
