A Industriosa organiza este sábado un obradoiro de arranxo e posta a punto de computadores

mércores, 28 de xuño do 2023 S. P.

Este sábado 1 de xullo, en horario de 17.00 a 20.00 horas, A Industriosa (Vigo) organiza unha xornada de Repair Café no Café UF. Trátase dunha quedada tecnolóxica de espírito maker, aberto e particitipativo na que se convida aos asistentes a traer os seus computadores vellos (que xa non se usan ou que comezan ir lentos) para mergullárense nas técnicas precisas que lles darán unha segunda vida aos aparellos en cuestión, empregando software libre.
Para participar debemos realizar a túa inscrición gratuíta en Meetup.
Organiza A Industriosa coa colaboración de Python Vigo e o patrocinio da Xunta a través da AMTEGA (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia).
Colaboran: Informática Solidaria, IEEE UVigo e Enxeñería Sen Fronteiras.

PUBLICIDADE