A Intelixencia Artificial nos negocios centra unha xornada na Coruña da APD
venres, 27 de xaneiro do 2023
A
Asociación para o Progreso da Dirección (APD) vai organizar na
Coruña, o vindeiro 1 de febreiro en A Coruña, unha xornada de
traballo que pon o foco nas posibilidades que abre a Intelixencia
Artificial para a competividade, a produtividade, a eficiencia e a
rendibilidade das empresas, alén das vantaxes para a xestión, a
visibilidade e a captación de clientes. Baixo o tÃtulo Como
empregar a IA para o
crecemento do teu negocio,
celebrarase no Light Studio (no 13 da praza de MarÃa Pita), en
horario de tarde (de 16.00 a 18.10 horas).
Os
temas a tratar son as diferentes vertentes de aplicación da
Intelixencia Artitificial, como chatbots, atención
telefónica, análise de sentimento en redes sociais, procesamento de
textos legais, redacción de documentos por parte de máquinas, etc.
Na xornada tentarase aclarar dúbidas sobre a fiabilidade destes
recursos para as empresas. A sesión, abeirada ao ciclo APD Talks,
contará con representantes do Grupo MasMovil respondendo ás moitas
dúbidas que suscitan estas tecnoloxÃas, abordando casos reais de
integración en comercio retallista, atención ao cliente, enerxÃa
ou mercadotecnia.
Axenda
16.00
h Recepción de asistentes
16.30
h Apertura
16.35
h Coloquio. Como a IA entende a linguaxe humana e pode axudar ao
teu negocio
17.15
h Mesa redonda. Aplicacións prácticas da IA na empresa
18.00
h Coloquio
18.10
h Fin do encontro
18.30
h Visita guiada á exposición IA More Than Human
A
xornada contará coa colaboración da Asociación
de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (AETG), cuxos/as
integrantes poderán participar de balde na actividade. As persoas
interesadas deberán enviar un mail a comunicacion@aetg.gal
solicitando o código de convite para poder
facer a inscrición gratuÃta á xornada na ligazón especÃfica
habilitada.