A Junta de AndalucÃa estrea chatbot con IA para os traballadores públicos
martes, 17 de xuño do 2025
A Junta de AndalucÃa presentou en Cádiz JuntaGPT, un novo asistente conversacional baseado en intelixencia artificial xenerativa e orientado ao seu persoal público. Desenvolvida pola Axencia Dixital de AndalucÃa (ADA), esta ferramenta converte a Administración andaluza na primeira en España en contar cun sistema que describen como «similar ao coñecido ChatGPT» para uso interno dos seus traballadores.
O conselleiro da Presidencia, Interior, Diálogo Social e Simplificación Administrativa, Antonio Sanz, destacou que se trata «dunha ferramenta revolucionaria e un salto tecnolóxico sen precedentes», que mellorará os servizos que se prestan á sociedade ao tempo que garante a soberanÃa dixital e a protección dos datos.
JuntaGPT permite aos empregados públicos procesar documentación, analizar información e redactar textos dun xeito áxil e seguro, empregando linguaxe natural. Entre as súas funcións inclúese a carga de documentos en múltiples formatos, a realización de consultas contextuais encadeadas e a capacidade de operar con múltiples usuarios ao mesmo tempo.
O sistema funciona sobre o supercomputador Hércules, do Centro Informático CientÃfico de AndalucÃa (CICA), empregando modelos de código aberto como o Gemma 3 de Google DeepMind, cun rendemento de 27.000 millóns de parámetros, optimizado para ofrecer respostas en menos de 300 milisegundos. Todo o desenvolvemento seguiu estritas pautas de gobernanza para cumprir co regulamento europeo de IA e garantir un uso ético, privado e seguro.
Antonio Sanz puxo en valor que, a diferenza doutras solucións comerciais, «esta ferramenta ofrece máis seguridade, privacidade e transparencia e, ademais, é andaluza». AÃnda que este último elemento é máis que discutible, xa que falamos dunha implementación dunha ferramenta desenvolvida por Google DeepMind, e unha apropiación localista poderÃa levar a unha absurda competición entre gobernos autonómicos lanzando cadansúa solución como no seu dÃa aconteceu con numerosas distribucións de Linux que desapareceron rapidamente.
Tampouco parece moi honesto chamar JuntaGPT a unha solución baseada nun desenvolvemento de Google, cando as siglas GPT foron popularizadas por OpenAI, de xeito que o branding andaluz poderÃa chamar a engano e, como mÃnimo, resultarÃa pouco honesto e menos orixinal.
