A LaconNetwork visitará o vindeiro venres o espazo de coworking Doutroxeito

luns, 24 de marzo do 2014 Marcus Fernández

O evento tecnolóxico-gastronómico que xunta a profesionais e emprendedores do sector TIC os últimos venres de cada mes, a LaconNetwork, pasará o vindeiro venres pola cidade de Santiago de Compostela, pero en vez de elixir para a súa celebración un establecemento de hostalaría no que poder xantar, terá lugar nas instalacións do novo centro de coworking compostelán Doutroxeito, polo que será unha excelente oportunidade para coñecer este local de 180 m2 preto en plena rúa do Hórreo (preto da Praza de Galicia).
Neste xantar degustaranse lacón prensado, chourizos ao viño, empanada de dúas clases, ensalada rusa, queixos do país, hummus de garavanzos con tostas de pan, tostas de pan tumaca con xamón e brownie de chocolate, polo que os interesados en asistir deberán inscribirse realizando o pagamento de 17 euros para sufragar o xantar.

A LaconNetwork deste mes celebrarase nas instalacións do espazo de coworking Doutroxeito en Santiago de Compostela

PUBLICIDADE