A Lei de IA europea prohibirá a creación de espidos con IA
xoves, 7 de maio do 2026
A Comisión Europea celebrou o acordo polÃtico acadado entre o Parlamento Europeo e o Consello da UE para introducir regras máis simples e favorables á innovación no ámbito da intelixencia artificial. A reforma modifica a aplicación da Lei de IA europea co obxectivo de facilitar o cumprimento normativo ás empresas sen reducir as garantÃas en materia de seguridade, dereitos fundamentais e protección cidadá.
A iniciativa forma parte do chamado Omnibus Dixitl sobre IA, presentado pola Comisión hai cinco meses dentro da súa estratexia de simplificación regulatoria para reforzar a competitividade europea. O acordo fixa un calendario gradual para a entrada en vigor das obrigas aplicables aos sistemas de IA de alto risco.
Os sistemas empregados en ámbitos especialmente sensibles, como biometrÃa, infraestruturas crÃticas, educación, emprego, migración, asilo ou control fronteirizo, quedarán sometidos ás novas regras a partir do 2 de decembro de 2027. Os sistemas integrados en produtos como ascensores ou xoguetes deberán cumprir os requisitos desde o 2 de agosto de 2028. Bruxelas defende esta aplicación escalonada para garantir que existan estándares técnicos e ferramentas de apoio antes da plena entrada en vigor das normas.
O acordo endurece tamén a protección fronte a determinados usos abusivos da IA. A nova redacción prohibe os sistemas capaces de xerar contido sexual explÃcito ou Ãntimo sen consentimento, asà como material de abuso sexual infantil. A medida apunta directamente ás chamadas aplicacións de nudificación, que empregan IA para crear imaxes falsas de persoas espidas a partir de fotografÃas reais.
As empresas beneficiaranse de procedementos simplificados e dunha gobernanza máis clara. Determinadas vantaxes previstas para pequenas e medianas empresas amplÃanse agora ás compañÃas de mediana capitalización reducida. Tamén se clarifica a relación entre a Lei de IA e outras normas europeas de seguridade de produtos, especialmente o Regulamento de Maquinaria, para evitar duplicidades regulatorias.
O novo marco incrementará ademais o acceso aos chamados sandboxes regulatorios, contornos de probas supervisadas nas que as compañÃas poden experimentar con solucións de IA en condicións reais. Prevese incluso a creación dun sandbox a escala europea. Paralelamente, reforzaranse as competencias da Oficina Europea de IA para supervisar determinados sistemas, incluÃdos os modelos de propósito xeral e os integrados en plataformas en liña e motores de busca de gran tamaño.
A vicepresidenta executiva para SoberanÃa Tecnolóxica, Seguridade e Democracia, Henna Virkkunen, asegurou que «as empresas e os cidadáns queren dúas cousas das regras sobre IA: poder innovar e sentirse seguros». Engadiu que o acordo permite «facilitar a innovación sen rebaixar as esixencias de seguridade» e garantir que as ferramentas de apoio ás empresas estean preparadas para unha aplicación fluÃda da Lei de IA.
O texto deberá ser adoptado formalmente polo Parlamento Europeo e polo Consello antes da súa publicación no Diario Oficial da Unión Europea. A entrada en vigor producirase tres dÃas despois desa publicación.
