A Lei de Mercados Dixitais non afectará a X pola súa irrelevancia

mércores, 16 de outubro do 2024 Marcus Fernández

Hai algo máis dun ano a Comisión Europea designou as empresas que tiñan que someterse á Lei de Mercados Dixitais (DMA) adoptando o rol de gardiás ou gatekeepers, pola súa importancia económica e social, o que no ámbito das redes sociais limitábase a TikTok, Facebook, Instagram e LinkedIn, situación que finalmente non mudará, xa que a Comisión vén de concluír que X (a anterior Twitter) non ten a relevancia suficiente para ter que someterse á DMA.
A investigación da Comisión sobre a posibilidade de incorporar a X dentro da relación de gatekeepers da Lei de Mercados Dixitais comezou o pasado 13 de maio, e tras analizarse a importancia actual de X entre os negocios e consumidores europeos concluíuse que non ten relevancia non xeito no que os negocios chegan aos seus usuarios finais.
Aínda que para X non ter que someterse á DMA supón unha grande tranquilidade, pois reduce a vixilancia sobre a compañía, dende o punto de vista empresarial pode considerarse a constatación da mala situación da plataforma social de Elon Musk, que a nivel europeo é irrelevante comercialmente.