A Mancomunidade de Ordes organiza unha visita guiada con seis influencers
mércores, 11 de outubro do 2023
A
Mancomunidade de Ordes
organiza unha visita guiada os días 14 e 15 de outubro nos enclaves
da comarca de Ordes para fomentar o turismo e a gastronomía dos sete
concellos que integran este territorio da provincia coruñesa. Este
proxecto innovador contará con instagramers e influencers
especializados en turismo e gastronomía, de carácter nacional e
internacional. O obxectivo é que poidan “vivir unha experiencia
única na nosa comarca”, sinala a mancomunidade.
Na
iniciativa participarán 6 persoas relevantes dentro do turismo, que
teñen repercusión tanto en Galicia como en España e en países
estranxeiros, Algúns destas figuras son Leti
Varela, Petiscos Galegos, Travelalwaystogheter ou
Engaliciamorate. En total, entre todos os participantes suman
máis de 220.000 seguidores.
“Durante
a súa visita, os creadores de contido descubrirán e gozarán de
paisaxes naturais e lugares encantadores cunha historia rica e
fascinante”, explica a mancomunidade, poñendo o foco na
oportunidade que se lles brinda para que poidan deleitarse con pratos
tradicionais preparados por cociñeiros locais, buscando mostrar así
a calidade e variedade dos produtos gastronómicos, e como están
relacionados coas tradicións e raíces da comarca.
Este
proxecto, enmarcado dentro do acordo entre a Mancomunidade de Ordes
como xestora do xeodestino Terras de Ordes e a Xunta de Galicia, ten
por finalidade “ser un éxito que contribuirá a promover o turismo
e a gastronomía e comercio na comarca”.