A Mariña Mercante dixitaliza a tramitación do despacho de buques e o enrole da tripulación
martes, 22 de xullo do 2025
A Dirección Xeral da Mariña Mercante (DGMM), do Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible impulso o novo Regulamento de Ordenación da Navegación Marítima (RONM), que entrarán en vigor o día 15 de agosto. Con esta nova normativa axilizaranse os trámites que requiren o despacho e enrole e desenrole da tripulación nos buques pesqueiros, mercantes e embarcacións de recreo mediante a posta en marcha dunha plataforma electrónica que reducirá tempos e tamén burocracia.
A Dirección Xeral iniciou este martes 22 en Vigo unha rolda informativa para atender as dúbidas dos distintos sectores afectados polos cambios normativos e facilitar “que a transición cara aos trámites telemáticos leve a cabo coa maior eficacia posible”. A información dirixiuse este martes 22 ao sector pesqueiro e púidose seguir en directo a través da canle de YouTube do Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable.
Por outra banda, o próximo día 28, en Valencia, a DGMM ofrecerá un relatorio dirixido ao sector de buques mercantes e de náutica de recreo. Ademais, as 30 Capitanías Marítimas dispersas polo litoral español tamén ofrecerán charlas informativas e resolverán dúbidas que poidan xurdir ante os próximos cambios.
Cambios no rol de despacho e dotación
O rol de despacho e dotación é un documento fundamental na xestión da navegación marítima, xa que acredita oficialmente quen están autorizados a formar parte da tripulación dun buque nunha viaxe determinada. A partir do día 15 de agosto, este trámite realizarase mediante unha plataforma electrónica que será obrigatoria para todos os buques nacionais. Nesta plataforma os interesados poderán enrolar e desenrolar a tripulantes, indicar as singularidades que afectan á súa navegación, e rexistrar datos das operativas e viaxes dos buques e embarcacións.
“A dixitalización”, explicou o Ministerio, “non só busca eficacia administrativa, xa que serán axilizados os trámites e reduciranse os erros, senón tamén maior rastrexabilidade, control de seguridade e cumprimento normativo”. O enrole formalizarase de forma inmediata e a lista de tripulantes enrolados será accesible tamén de maneira instantánea a través da sede electrónica. Ademais, a plataforma permite o acceso para realizar comprobacións en tempo real por parte dos interesados e da Administración marítima.
Presentación das reformas que incorpora o RONM
