A Mega Drive terá versión mini este ano

luns, 16 de abril do 2018 Marcus Fernández

No marco do SEGA FEST 2018 realizouse o anuncio dunha nova consola de videoxogos retro que claramente parece querer aproveitar a tracción xerada pola Nintendo Mini e a Super Nintendo Mini, que non sería outra que a Mega Drive Mini, que chegaría este mesmo ano ao mercado incluíndo varios xogos precargados.
SEGA xa ten permitida a comercialización de consolas clónicas da Mega Drive, polo que a nova consola en formato mini non parece que vaia ter unha aceptación comparable ás de Nintendo, pero de seguro que moitos coleccionistas non deixarán pasar a oportunidade de facerse cunha nova consola en miniatura.
Polo momento non adiantaron os xogos que se incluirán precargados na Mega Drive Mini, pero parece bastante probable que sexan os mesmos que figurarán na SEGA Genesis Classics Collection que este ano chegará a PS4 e Xbox One, coincidindo co 30º aniversario do lanzamento da Mega Drive no Xapón.

JPEG - 45.1 KB
A nova consola de SEGA adoptará o formato en minuatura que fixo popular Nintendo nos últimos anos

PUBLICIDADE