A Mesa denuncia que os pasaportes electrónicos non respectan a toponimia galega

xoves, 10 de maio do 2007 Marcus Fernández

A Mesa pola Normalización Lingüística denuncia que o sistema informático da Dirección Xeral da Policía mantén na súa base de datos os topónimos galegos con formas deturpadas, de xeito que nos pasaportes electrónicos aparecen nomes de poboacións como “La Coruña, que non se poden modificar nin por petición expresa do solicitante do documento, o que supón unha vulneración das leis lingüísticas, de aí que A Mesa esixa tanto a “restitución da legalidade” como a substitución sen custo dos pasaportes electrónicos afectados por esta problemática.
Aparte da responsabilidade directa da Dirección Xeral de Policía, dende A Mesa tamén advirte de que a Secretaría Xeral de Política Lingüística (dependente da Consellaría de Presidencia) continúa a “distribuír as listaxes da toponimia oficial a todos os departamentos da Administración do Estado” sen incluír os topónimos axeitados non que sospeitan que se trata dun caso de “fobia” do Conselleiro de Presidencia, José Luis Méndez Romeu, ó topónimo “A Coruña”.

PUBLICIDADE