A Mi Smart Band 5 incrementa o seu tamaño de pantalla até as 1,1 polgadas
xoves, 11 de xuño do 2020
Xiaomi non só é lÃder na venda de smartphones en España,
senón que tamén ten unha posición moi relevante no sector das pulseiras
cuantificadoras como a Mi
Smart Band 4, que para moitos usuarios resultan unha opción moito máis acaÃda
que os smartwatches xa que teñen boa autonomÃa, rexistran o ritmo cardÃaco
e permite recibir as notificacións do móbil. Continuando na mesma liña lanzan
agora a Mi Smart Band 5, que como
principal cambio ten un incremento do tamaño de pantalla (sen agrandar o tamaño
do dispositivo) de 0,95 a 1,1 polgadas, á vez que mellora moitas das súas
prestacións.
A Mi Smart Band 5 pode empregarse en combinación con smartphones con Android e
iOS, a súa pantalla AMOLED conta cun brillo de até 450 nits (o que facilita a
súa lectura en exteriores), as súas correas están dispoñibles en 8 cores
distintas e, para un maior nivel de personalización contan con centos de temas
personalizados para a súa pantalla entre os que destacan os protagonizados por
personaxes de series de animación como Evangelion, Bob Esponja ou
Detective Conan.
Esta pulseira pode monitorizar o ritmo cardÃaco as 24 horas, pode rexistrar o
sono (prestación que mellorou en precisión un 40%), conta con función de
predición de ciclo menstrual, detecta as situacións de estrés excesivo
(recomendado o descanso e a relaxación nese momento) e estrea unha nova solución
de carga, cun cable magnético que pode colocarse na parte traseira da Mi Smart
Band 5 para achegarlle até 14 dÃas de uso continuo.
A Mi Smart Band 5 sae á venda o vindeiro dÃa 18 a un prezo de 189 iuans (23,50
euros) na súa versión básica, existindo tamén un modelo con NFC que custará 229
iuans (28,48 euros) e permitirá a realización de pagamentos sen contacto. ConfÃase
en que en poucas semanas veremos esta pulseira en España, aÃnda que polo
momento é unha incógnita se teremos oficialmente a versión con NFC (até o momento
non se vendeu ningún dos modelos con NFC en España).