A Neo-Geo volve como consola portátil
mércores, 25 de xaneiro do 2012
A Neo-Geo foi unha das plataformas de máis éxito nos salóns
recreativos a finais dos anos 80 e primeiros dos 90, regalándonos con
auténticos clásicos que van dende a franquÃa de xogos de loita King of Fighters ata o incombustible Puzzle Bobble (xogo que moitos
recoñecerán por contar cunha máquina recreativa no Bar SuÃzo da serie
televisiva Pratos Combinados), e
agora quere
retornar como consola portátil licenciada por SNK, presentando unha
aparencia que incluso podiamos confundir cun iPhone 4.
- A capacidade interna da consola poderá ampliarse mediante tarxetas SD
A nova portátil conta cunha pantalla de 4,3 polgadas, 2 Gb de memoria interna
ampliable mediante tarxetas SD e que inclúe varios xogos precargados, baterÃa
de 2.200 mAh e mide 170 x 72 x 15 milÃmetros.
Concretamente os xogos que incluirá esta consola ideal para nostálxicos son os
que seguen: World Heroes, Ultimate 11,
Top Player’’s Golf, Sengoku, Nam-1975, Mutation Nation, Last Resort, King of
Monsters, Frenzy, Cyber Lip, Fatal Fury Special, Art of Fighting, Super
Sidekicks, League Bowling, Metal Slug, Magical Lord, Baseball Stars Professional,
Samurai Shodown, King of Fighters ’’94 e Fatal
Fury.
Polo momento non hai información oficial sobre este produto, descoñecéndose a súa data de lanzamento e o prezo de venda que terá, aÃnda que presumiblemente serÃa axustado, pois xa hai consolas portátiles de fabricación chinesa capaces de facer funcionar os xogos de Neo-Geo mediante emulación.