A Nintendo 3DS XL contará con novas edicións limitada durante as vindeiras semanas

martes, 15 de outubro do 2013 Marcus Fernández

Non só dispositivos como o iPhone 5S atrévense coa cor dourada, senón que a propia Nintendo tamén quere lembrar o acabado áureo para celebrar o lanzamento de The Legend of Zelda: A Link Between Worlds, polo que o 22 de novembro lanzará unha edición limitada da Nintendo 3DS XL en cor dourado e negro que incluirá o mencionado xogo en formato descargable (que será unha secuela do The Legend of Zelda: A Link to the Past que saíra para Super Nintendo en 1992). A carcasa tamén levará gravado no seu exterior o logotipo de triforza, emblema tan característico na franquía de Zelda.
Outra edición especial que teremos en breve, concretamente o vindeiro día 31, será unha Nintendo 3DS XL para celebrar o 30º aniversario de Luigi, que consistirá nunha consola en cor branco cun estampado coa silueta do irmán de Mario en cores verdosos, aínda que desta volta a consola non incluiría ningún dos xogos nos que Luigi conseguiu brillar con luz propia nos últimos meses, demostrando que pode xogar un rol que vaia máis aló de facer de comparsa de Mario.
Aínda que Nintendo non anunciou os prezos destas novas consolas é de agardar que a edición especial de Luigi teña un prezo oficial de 199,95 euros, e o de Zelda de 219,95 euros.

As edicións especiais de Luigi e Zelda presentarán unha aparencia bastante rechamante

PUBLICIDADE