A Nintendo 3DS estrea documentais en 3D da man de Muy Interesante

venres, 11 de novembro do 2011 Marcus Fernández

A Nintendo 3DS comeza a achegar esta semana unha serie de reportaxes en vídeo estereoscópico realizadas polas revista Muy Interesante que poden verse de balde na canle Nintendo Vídeo.
A primeira reportaxe, que continuará dispoñible ata o 16 de novembro, corresponde á do Templo de Luxor, unha das obras máis impresionantes da arquitectura exipcia, que serviu de legado dos faraóns Amenofis III e Ramsés II. O templo ten unha superficie de 10.000 metros cadrados, con 74 columnas de loto e unha sala sostida por 14 grandes columnas de papiro de máis de 20 metros de altura, que agora pode coñecerse mellor grazas ao o vídeo documental dispoñible na 3DS e ao que seguirán 8 vídeos máis nas vindeiras semanas grazas á colaboración con Nintendo da revista de divulgación máis lida de España.
Outras das grandes obras que poderemos ver nos seguintes vídeo de Muy Interesante serán a Mezquita de Sevilla e o Palacio de Cnosos, abordando tamén a construción de rúas e termas romanas (que poderán visitarse virtualmente) e incluso permitirán visitar virtualmente e en 3D San Antón de Castrojeriz.

PUBLICIDADE