A 3DS reforzará o seu catálogo apostando polas grandes franquÃas de Nintendo
xoves, 14 de febreiro do 2013
- Iwata considera que 2013 vai ser o ano de Luigi
Hai
pouco máis de 3 semanas un vÃdeo de
Nintendo Direct adiantaba as novidades que chegarán a Wii U nos vindeiros meses,
para sementar certa confianza nunha consola doméstica que tivo un lanzamento
bastante frouxo, e esta tarde puidemos ver outra entrega
de Nintendo Direct na que tocou amosar as cartas da Nintendo 3DS, que está
a converterse nunha das plataformas de videoxogos co mellor catálogo se
atendemos a todas as novidades que presentaron Satoru Iwata e Satoru Shibata.
Na presentación do vÃdeo Iwata quixo comezar reivindicando a figura de Luigi,
irmán de Mario, que parece que vai ter un ano moi forte, pois aparte de estrear
o anticipado Luigi’s Mansion 2 o
vindeiro 28 de marzo, tamén estará presente no novo RPG Mario & Luigi: Dream Team, en Mario Golf World Tour e en New
Super Luigi U (contido descargable para New
Super Mario Bros. U).
- Mario Golf World Tour é un dos xogos presentados hoxe
Satoru Shibata colleu o relevo de Iwata para presentar as novidades europeas de
Nintendo, pondo data a moitos xogos: Monster
Hunter 3 Ultimate chegará o 22 de marzo, Castlevania: Lords of Shadow - Mirror of Fate sairá á venda o 8 de
marzo, Fire Emblem: Awakening sairá o
19 de abril, Etrigan Odyssey: Legends of
the Titan 4 estará dispoñible na primavera, Project X Zone porase á venda no verán, cando tamén teremos a Inazuma Eleven na 3DS.
- Donkey Kong Country Returns 3D foi un dos grandes anuncios deste Nintendo Direct
O 17 de maio estará
dispoñible Pokémon Mystery Dungeon: Gates
to Infinity, que será un xogo de Pokémon totalmente diferente ao que
estamos afeitos, e o 14 de xuño será cando o agardado Animal Crossing: New Leaf saia á venda.
Pero posiblemente o maior anuncio de todo o evento foi o seu colofón: o verán
estará dispoñible Donkey Kong Country
Returns 3D, o regreso dunha saga de éxito que desta volta amosará uns
gráficos tridimensionais de impresión.
VÃdeo completo do Nintendo Direct desta tarde