A Nintendo Switch permitirá emprestar xogos descargables
xoves, 27 de marzo do 2025
Durante a celebración do último Nintendo Direct, na que se presentaron varios videoxogos, no que daba a impresión que serÃa última grande presentación antes de que vexa a luz oficialmente a Nintendo Switch 2, a compañÃa nipoa sorprendeu presentando as súas Tarxetas de Xogo Virtuais para a Nintendo Switch, unha nova forma de compartir xogos descargables que chegará a finais de abril.
É unha nova xeito de utilizar xogos descargables en diferentes consolas Switch. Coas tarxetas de xogo fÃsicas, podes introducir unha tarxeta nunha Switch e logo cambiala a outro sistema, e cunha Tarxeta de Xogo Virtual os xogos descargables serán igual de flexibles.
Cando un usuario adquira unha versión descargable dun xogo, cargarase como unha Tarxeta de Xogo Virtual nunha pantalla de xestión dedicada. Permitirá cargar e expulsar virtualmente as Tarxetas de Xogo Virtuais, podendo trasladala a outra consola cando estea expulsada, mecánica que funcionará tanto na Nintendo Switch como na Nintendo Switch 2.
Deste xeito, poderase xogar nun segundo sistema, dando unha maior versatilidade ás compras dixitais, e facendo que os xogos descargables sexan moito máis atractivos para fogares nos que hai máis dunha Nintendo Switch.
Esta funcionalidade permitirá tamén prestar Tarxetas de Xogo Virtuais dentro dun grupo familiar mediante conexión sen fÃos local co sistema da túa familia. Os préstamos durarán 14 dÃas, tempo tras o que se producirá a devolución de xeito automático.
Estamos ante un anuncio moi transcendente, xa que poderÃa indicar que Nintendo vai potenciar o abandono dos soportes fÃsicos coa nova xeración de consolas ao facer máis atractivos os xogos en formato descargable ao solucionar unha das súas principais eivas: a imposibilidade de emprestalos.
VÃdeo no que explican o funcionamento das Tarxetas de Xogo Virtuais