A Nintendo Switch terá unha versión inspirada en Fortnite

venres, 11 de setembro do 2020 Marcus Fernández

O éxito de Fortnite non cesa, e unha das plataformas nas que mellor funciona este xogo é a Nintendo Switch, de aí que xa hai un par de anos vendesen lotes da consola co xogo, táctica que o vindeiro 30 de outubro van levar un paso máis adiante, de xeito que porán á venda unha Nintendo Switch Edición Especial Fortnite, que non se limitará a incluír o Fortnite preinstalado cun lote de contidos descargables, senón que tamén contará cunha versión da consola cun deseño único.
Esta nova Nintendo Switch presenta logotipos e skins propias do xogo na parte traseira da consola, Joy-Cons en cor amarelo e azul (este último coa imaxe do autobús de batalla) e incluso unha base cun deseño exclusivo de Fortnite. Unha consola que claramente quere converterse nun éxito de vendas no Black Friday e na campaña de Nadal, aproveitando o pulo que segue a ter o xogo de Epic Games.

JPEG - 62.8 KB
Desta volta, o lote de Nintendo Switch con Fortnite conta cunha consola cun deseño personalizado

PUBLICIDADE