A Nintendo eShop quedou fóra de servizo durante a xornada de Nadal

martes, 28 de decembro do 2021 Marcus Fernández

O pasado día 25 moitos recibiron como agasallo de Nadal unha consola Nintendo Switch ou tarxetas de agasallo que poder facer efectivas a través da Nintendo eShop, tenda que practicamente durante 24 horas experimentou serios problemas de funcionamento, de xeito que os usuarios non podían descargar xogos durante a xornada de Nadal.
A compañía nipoa non deu detalles sobre o fallo nos seus sistemas, limitándose a desculparse pola incidencia, que parece ser a tónica de boa parte dos servizos de xogo en liña cada vez que chega o Nadal ou algunha outra festividade na que os usuarios optar por quedar na casa e gozar de servizos en liña. Por sorte, desta volta a Nintendo Switch só tivo problemas na súa tenda dixital, e o xogo en liña non se veu afectado polos problemas de rede.

PUBLICIDADE