A OMIX de Ames achega dous cursos de verán sobre posibilidades laborais das redes sociais

martes, 25 de xuño do 2019 Redacción

A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de Ames organiza este mes de xullo dous cursos na Aula de informática do Milladoiro, os dous co nexo común de poñer o foco nas potencialidades laborais que se abren coas novas e innovadoras ferramentas colectivas de comunicación. Trátase, por unha banda, dun curso de emprendemento e busca de emprego na Rede, aplicacións e redes sociais de utilidade, currículo e vídeo-currículo. Este obradoiro impartirase do 9 ao 12 de xullo, en horario de 10.00 a 13.00 horas.
A segunda actividade formativa mostrará as posibilidades dun novo modelo de traballo ligado ás novas tecnoloxías e ás comunidades dixitais, o a profesión de community manager. O curso porá o foco nas posibilidades deste tipo de profesionais para os ámbitos do emprendemento, a mercadotecnia dixital, a marca persoal e a xestión do tempo. Desenvolverase do 16 ao 19 de xullo, tamén de 10.00 a 13.00 horas.
Para participar nestas actividades, que son de balde, terán preferencia os/as mozos/as de 15 a 30 anos. O prazo de inscrición remata o 3 de xullo. Para inscribirse hai que enviar un correo electrónico ao enderezo omix@concellodeames.gal ou chamar ao número de teléfono 616 083 229. As prazas son limitadas.

PUBLICIDADE