A OPTI da Cámara da Coruña facilita o asentamento na demarcación de dúas novas firmas tecnolóxicas
mércores, 26 de febreiro do 2025
A Oficina de Promoción Tecnolóxico-Industrial (OPTI) que promove a Cámara da Coruña facilitou a inmersión de dúas novas firmas innovadoras latinoamericanas con interese en establecerse na área da Coruña: Canaam Business, especializada en solucións de eLoxÃstica e servizos marketplace e Laia Technologies, centrada en tecnoloxÃas de eSaúde.
Durante dúas xornadas intensivas visitaron da man do xerente da OPTI, Daniel Tafalla, Galaxy Lab, do centro tecnolóxico ITG, e posÃbeis localizacións para establecerse como a Cidade das TIC, o Human Intelligence Hub ou o viveiro empresarial que a Cámara de Comercio ten en Carballo.
Estableceron, ademais, conexións estratéxicas con actores clave do ecosistema innovador da contorna coruñesa como o xa citado centro tecnolóxico ITG e o grupo VARPA da UDC.
OPTI: catalizador deste ecosistema
A OPTI ofrece acompañamento personalizado a empresas interesadas en establecerse na área, para o que realiza unha xestión integral do proceso de investimento con vistas a facilitar a súa entrada ao mercado local. Ademais, axúdalles a conectar co ecosistema de innovación, promovendo colaboracións estratéxicas á vez que promociona as vantaxes competitivas da Coruña como destino tecnolóxico de referencia.